Nesta semana lembreime de moitas das noticias qe aparecen cada día falando de violencia de xénero, daqueles homes que non teñen escrupulos e son uns cobardes por pegarlle a mulleres incluso diante dos seus propios fillos que non teñen culpa ningunha nin deberian presenzar escenas tan dramáticas.
A pelicula de Ossama trata dunha rapaza que vive en Pakistán onde se atopan os talibáns, que teñen unhas costumes moi machistas no que as mulleres non poden nin sair pola rua sen un home. A aboa da rapaza cortalle o pelo para poder facerse pasar por un rapaz pa ir traballar porque senon morreran de fame.
Pareceume unha pelicula interesante porque mostralle a nosa sociedade que se escandaliza cos casos que hai no noso país, o outro lado do planeta no que se fan tantas barbaries e no que o resto de paises non interveñen para nada. Unha pelicula perfecta para colaborar con esta semana contra a violencia de xénero, tema que cada vez está máis presente.